16.9.08

NOTA DE PRENSA: URCA

Urca 2008 UN ENCONTRO ANALIZARÁ EN SANTIAGO DE COMPOSTELA O TRABALLO POLA INTEGRACIÓN, A RELACIÓN CIENCIA-RELIXIÓN OU INICIATIVAS SOLIDARIAS

O traballo para a integración en colaboración co Secretariado Xitano, a acollida de inmigrantes, as novas iniciativas de Comercio Xusto ou a Educación para a Paz son algúns dos temas a debate os días 19,20 e 21 de setembro en URCA.

Luis Guitarra presentará o videoclip do seu tema ”Desaprender” un DVD con contidos didácticos de Educación para a Paz, coincidindo co Día Internacional da Paz (21 de setembro)

Juanjo Melero, o que fora guitarrista de Sangre Azul, Def Con Dos, La Cabra Mecanica; Santafe e Universo Violento entre outros, preséntanos o seu primeiro traballo en solitario "Filosofía Doméstica".


Santiago de Compostela, Monte do Gozo, 19, 20 e 21 de setembro

Urca, esa grande barca, que levaba de todo dun lado a outro do mar, énchese de novo de persoas cunha realidade común: Galiza vista a través dos ollos dos seus tripulantes, o mundo a través das distintas realidades que se moven nel, e que se fan presentes desde a expresión e a solidariedade neste encontro que nos convida a compartilas. Este encontro, organizado pola asociación URCA e que conta coa colaboración da Delegación Diocesana de Pastoral de Xuventude, celébrase anualmente dende 1992.

No programa deste ano poderánse atopar:

OBRADOIROS: Guitarra e Composición (Juanjo Melero), Maquillaxe creativa (José León), DESAPRENDER, Educando para a Paz (Luís Guitarra), Facendo fotos e Facendo vídeos de Urca
SEMINARIOS: Traballando pola integración (Secretariado Xitano e Luís Seoane), Acollida de Inmigrantes en Galicia; Teranga - Ourense
MESAS REDONDAS: Ciencia e relixión (Coordina: Ignacio García Jurado), Novas iniciativas de Comercio Xusto (Coordina: Panxea - Gonzalo Gesto)
ACTUACIÓNS:
Xesucristo Superstar (GRUPO DE DANZA DE CULLEREDO)
Un achegamento a este clásico a través da danza.
Presentación do Videoclip Desaprender (LUÍS GUITARRA)
O domingo 21 de setembro “Día internacional da Paz” según a ONU, estrearase na web luisguitarra.com o videoclip da canción “Desaprender la guerra” que acaba de publicarse en formato DVD-ROM, e que inclúe unha Guía de Visualización e unha Guía Didáctica con actividades e propostas educativas, xunto con outros contidos extras (partitura e acordes, fotos da grabación, traduccións, etc.).
Unha vez máis contamos en Urca co pracer de facernos eco do traballo de Luis Guitarra, e contaremos coa presentación do videoclip o sábado 20 e coa realización dun obradoiro sobre a súa proposta de traballo en torno á paz e a nonviolencia.
O videoclip –realizado e dirixido por David de la Morena–, ten moita forza e unha grande beleza plástica que recrea e revaloriza unha das cancións máis emblemáticas do cantautor Luis Guitarra.
O DVD (que se distribuirá baixo a modalidade “de prezo libre” destinando os posibles ingresos aos proxectos e actividades da organización COMO TÚ, COMO YO) inclúe tamén outro vídeo cunha entrevista na que Luis Guitarra explica cómo xurdiu a canción e cómo foi o proceso da grabación do DVD. Para que poida ser mellor difundido e utilizado noutras asociacións, colexios, encontros con mocidade, etc. a letra está traducida a máis de 20 idiomas e o videoclip pódese visionar subtitulado en: chino, inglés, francés, italiano, alemán, portugués e ruso.

EXPOSICIÓNS:
JOSE CAO, Escultura
QUIQUE LATORRE, Fotografía – Ficciones


CONCERTOS
Contaremos con grupos e cantantes locais: Emision, Miguel(Combarro), German (P de Caramiñal). Dende fora estarán en Urca: Emilia Arija, Ciento Ochenta Grados e Juanjo Melero.

3 comentarios:

Quique dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Quique dijo...

A barca está apuntiño de zarpar!!
Que nervios!

Gracias polo voso traballo!!

Anónimo dijo...

Qué pasada de programa!!! Por fin una renovación expresiva en el seno de la iglesia, poco a poco. Y menudos conciertazos, uf.
Lo de 180º promete, son unos fuera de serie.
Saludos desde Asturias.