15.9.08

Juanjo Melero, o que fora guitarrista de SANGRE AZUL, DEF CON DOS, LA CABRA MECANICA; SANTAFE e UNIVERSO VIOLENTO entre outros, preséntanos o seu primeiro traballo en solitario "Filosofía Doméstica", un conxunto de 10 cancións de rock crudo e directo con reminiscencias a clásicos de toda a vida (Hendrix, Zeppelin,ac dc,
Unha volta ás raíces do rock que o viu crecer.
No disco colaboraron músicos e artistas como Juan Cerro, John Parsons, Carlos Raya, Lucía Jimenez entre outros, e, por suposto David Hyam e José Gomez, que forman a súa banda de directo "los desertores del Jazz".
"Filosofia Domestica" é unha selección de textos cuidados pero asequibles envoltos nunha colección de riffs condenados a ser clásicos, unha proposta sincera de rock and roll.
La banda
Rescatados de U.K. e Argentina para o rock ‘n’ roll, a base rítmica formada polo batería David Hyam e o baixista Jose Gómez acompañan a Juanjo na base deste proxecto musical. A maior parte do disco (7 cancións) foron grabadas á antiga usanza de 1,2,3 vai… tocando os tres á vez e con esto gañando en frescura e sabor a senlleiro rocanrol.
No resto dos temas participaron, entre outros, Marcelo Novati e Angel Crespo na batería e no baixo Marcelo Fuentes.
“Filosofia Doméstica” é un mundo próximo por descubrir, no que todos os que puxeron o seu gran de area, fixérono con talento, profesionalidade e cariño. Juanjo Melero e a súa demoledora banda xa están preparados e ansiosos por poñer este puñado de reflexións mafaldescas a golpes de rocanrol enriba do escenario cun único obxectivo… ¡¡disfrutar!!


Emilia Arija regresa á música cun disco de dez cancións intimistas.
'Sobre las ruinas' é o quinto disco no que traballa e o primeiro en solitario.
Formou parte, xunto con todos os seus irmáns, do grupo Brotes de Olivo de Palencia. Despóis creou un dúo cun deles, Alberto, e agora canta en solitario. É Emilia Arija, palentina que acaba de sacar á luz o seu primeiro disco, 'Sobre las ruinas' (editorial San Pablo). Abandonara a música para centrarse nos seus fillos, e agora atopou o momento e as cancións axeitadas para volver a este mundo.

Neste disco respírase compromiso social pero tamén experiencia persoal. Emilia Arija mantén da súa época musical cos seus irmáns a reivindicación das cancións con mensaxe, o que se reflexa en temas como 'Sobre las ruinas' ou 'Desnuda'»,.

Emilia Arija comezou na música moi pequena. Brotes de Olivo durou uns oito años, ata que os seus irmáns comezaron a dispersarse. O grupo grabou un único disco, titulado 'Dar la cara'. Posteriormente, co dúo que formou con Alberto, Emilia Arija chegou a grabar catro discos: 'Devolverles la paz', 'Canciones de la esperanza y la desesperanza', 'Cosas de locos' e 'Asignatura pendiente'.




Ciento Ochenta Grados.
O grupo nace no ano 2000 fruto de diferentes proxectos musicáis da provincia de Granada. “Naufragio con espectador” é o seu traballo máis recente (Novembro de 2007), no que colaboraron diferentes músicos do panorama musical español (Juanjo Melero, David Santafé, Javi Peña, Jorge Olivares e os cantautores Migueli e Luis Pastor). Nas súas letras están sempre presentes os máis necesitados da sociedade e participan cos seus discos do proxecto “El precio lo pones tú”colaborando en proxectos solidarios.

O compromiso social é o motor desta formación e por iso, o recaudado cos seus discos sirve de axuda para mellorar as condicións de vida de mozos de Honduras e Cabo Verde, a través de asociacións humanitarias.

No hay comentarios: